top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Semana das línguas


A pasada semana a Biblioteca do noso cole acolleu a Semana das Linguas no Princesa. Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca e contou coa colaboración de todo o claustro, estando destinada a todo o alumnado de Educación Primaria.

Cada día o profesorado responsable da biblioteca nos recreos atendeu ao alumnado nunha lingua diferente: galego (luns), francés (martes), lingua de signos (mércores), portugués (xoves) e inglés (venres).

Os contidos estiveron relacionados coas actividades que se realizan na biblioteca entre as 12:00 e as 12:30 horas: sistema de préstamo de libros, xogos de mesa, actividades de debuxo e pintura, etc. Asemade, o profesorado ofreceu datos de interese sobre cada lingua (número de falantes, países nos que é lingua oficial…) co fin de que o noso alumnado coñecese un pouco máis cada lingua.

#Obradoiro #galego #LSE

bottom of page