- Tics
Día da Muller
A actividade do 8 de marzo foi un éxito de participación. Co gallo do día da muller as diferentes titorías e profesores especialistas da escola elabroraron carteis con información de mulleres relevantes ao longo da historia. Unha vez feito esto empezamos o xogo. Dividimos a clase en grupos de 4 ou 5 persoas e comezamos a facer unha pequena actividade de búsqueda de información pola escola. A actividade comeza cunha pequena adiviña. O equipo que contestara correctamente a adiviña recibirá a primeira pista e poderá iniciar a búsqueda. Adiviña: Un pai e un fillo viaxan en coche. Teñen un accidente grave, o pai morre e o fillo é trasladado a un hospital porque necesita unha complexa operación de emerxencia. Chaman a unha eminencia médica, pero cando chega e ve ó paciente, di: "Non podo operalo, é o meu fillo". Cómo se explica esto? Resposta: A eminencia médica é unha muller Cada vez que un grupo atopaba a resposta correcta recibía unha peza do crebacabezas. Cando conseguían todas as pezas do crebacabezas tiñan que montalo. Unha vez montado o crebacabezas era a hora de falar sobre a imaxe que aparecía no crebacabezas e pensar sobre o moito que temos que aprender para que a sociedade sexa máis xusta e igualitaria.