A nosa bitácora

  • Tics

A máscara do cigarrón


Un ano máis contamos coa presenza de Nelson, antigo membro da Asociación do Cigarrón de Verín, para ensinar aos nosos cativos como elaborar en xeso a máscara do entroido que nos caracteriza como pobo e pola que somos coñecidos máis aló das nosas fronteiras: A máscara do Cigarrón.

Esta vez os afortunados e afortunadas para realizar esta actividade foron os alumnos de 4º EP.

Tras realizar un pequeno traballo de investigación a cerca da figura do Cigarrón, Nelson explicoulles en que consistía o proceso de elaboración dunha máscara auténtica e da máscara que realizarían eles para decorar.

Todos eles lle puxeron moito empeño, e tras varias sesións o resultado non puido ser mellor.

Agora as nosas máscaras adornarán a entrada principal do colexio a lo menos ata que estes cativos sigan con nós no centro.

#Entroido