- Tics
Rosalía de Castro
Un ano máis, con motivo do seu aniversario, o 24 de Febreiro lembrámonos de Rosalía de Castro. Esa muller que coas súas verbas fixo que a nosa lingua, o galego, non caese no esquecemento. Para elo, cada titoría traballou unha breve biografía da autora para que os nosos/as cativos/as teñan un coñecemento xeral da súa vida e obra. A continuación leron varios dos seus poemas nos que quedan latentes as súas reivindicacións.
Xa para rematar os cativos déronlle cor a uns marcapáxinas nos que aparece a imaxe de Rosalía. Poderán usalos nas súas lecturas diarias e ter así presente todos os días a nosa autora.