A nosa bitácora

  • Tics

O día de Rosalía


Co gallo da celebración do día de Rosalía de Castro, e como previa á celebración do entroido, o alumnado do noso centro realizou un obradoiro de máscaras entre os días 25 e 27 de febreiro durante os recreos. Neste caso a temática estivo centrada na escritora polo que todos e todas realizaron o mesmo anteface. Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.