- Tics
Actividades na biblioteca con motivo do día da muller e a nena na ciencia
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O nos centro non quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar o Día internacional da muller e da nena na Ciencia (11 febreiro), e para que todo o noso alumnado puidese realizar a actividade, desde o proxecta Donas de Sí, en colaboración co equipo de Biblioteca, adicamos toda a semana a esta iniciativa.
Respetando as quendas por titoría, o noso alumnado visitou a biblioteca co obxectivo de atopar 6 códigos QR para enlazalos posteriormente con cadansúa tableta disposta para a ocasión.
A información contida en cada código QR versou sobre María Elena Caso, científica mexicana que estudou os equinodermos. A visita foi moi amena para todos os cursos xa que os vídeos estaban adicados aos equinodermos e a unha breve biografía da científica.