A nosa bitácora

  • Tics

Cos Bolechas preparámonos para o Entroido


As nenas e nenos de 5 anos están inmersos na preparación do Entroido. O tema elexido é "Os animais marinos".

Na aula utilizamos o conto dos Bolechas: "Como é un acuario" para amosarlles que peixes podemos visitar alí e descubrir outros animais acuáticos, que, aínda non sendo peixes, viven no mar ou no río.

Aquí vos deixamos unhas fotos para ver como desfrutamos do conto!

#Entroido #Conto