- Tics
Pombas pola Paz
A semana previa á celebración do día da Paz o alumnado de 5B tivo un reto da man de Mafalda, a mascota de convivencia de aula. Esta desafiounos a facer 100 pombas de papel pola Paz mundial. Tal foi o esforzo que ata as familias colaboraron e conseguiron facer máis das propostas. O resultado foron cazasoños que buscan cumprir o noso desexo de acadar a Paz mundial.