top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Carreira de campo a través en Tintores


O xoves, 14 de febreiro, un grupo de nenas e nenos de 2º a 6º EP participou na competición de campo a través, organizada pola Agrupación Deportiva Monterrei en Tintores. Na proba participaron outras nenas e nenos dos centros educativos da comarca de Verín.

Foi un día marcado polo deporte e a convivencia, no que o alumnado foi o principal protagonista desta xornada deportiva.

Enmarcado dentro do noso Programa Deportivo de Centro (PDC), tamén forma parte da campaña lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar). Actividade que promociona a Xunta de Galicia, coa finalidade de fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade desde idades temperás.

#lectivofóra #DeporteEscolar #Curso20182019

bottom of page