A nosa bitácora

  • Tics

Obradoiro de disfraces para Entroido


Durante estes días previos ao desfile infantil, tivemos unha inmensa axuda do persoal que traballa no Obradoiro da Mancomunidade, para ir facendo os disfraces de peixe que nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. van lucir.

Traballaron moito, tanto o alumnado como os membros do equipo que veu axudarnos e, agardamos que o esforzo realizado poida servir como experiencia positiva de traballo en común e sexan quen de decatarse da importancia de unir esforzos entre todos e todas.

Queremos agradecer a colaboración inestimable dos membros do Obradoiro no seu labor co alumnado e o ben que resultou o labor desenvolto.

#Obradoiro #mancoverín #Verín #Manualidades