A nosa bitácora

  • Tics

Obradoiro sobre o Día da Paz na biblioteca


OBRADOIRO DA PAZ

Co gallo da conmemoración do Día da Paz e non violencia nos centros escolares, o noso alumnado de Educación Primaria disfrutou dun obradoiro durante toda a semana. Os nenos e nenas do centro visitaron a biblioteca durante os recreos e decoraron cadanseu globo xigante con distintos adhesivos adicados á paz.

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Xa o día 30, tanto o alumnado de Educación Infantil como Educación Primaria realizou a actividade que leva por título "Padriños e Madriñas lectoras". Esta actividade consiste en que cada neno e nena traballa en parella con outro neno ou nena de diferente nivel e curso. Desta forma, asume o rol de padriño ou madriña, e nesta ocasión tiveron a misión de compartir un poema adicado á paz, dentro dunha escolma de poesía desta temática. Autores tan coñecidos como Rafael Alberti, Gloria Fuertes ou personaxes tan relevantes na historia como Gandhi, foron varios dos elixidos para fomentar os valores que como centro queremos transmitir ao noso alumnado.

Estas actividades estiveron organizadas polo equipo de Biblioteca, en colaboración co proxecta Donas de sí e as titorías do centro.

Imos lendo, imos facendo!

#Conmemoración