- Tics
Os Bolechas axúdannos a reciclar
O luns 28 de xaneiro, as nenas e nenos de Educación Infantil tiveron unha inesperada sorpresa na biblioteca. Os Bolechas estaban de visita no colexio! E tiñan un proxecto que amosarnos:
Os Electrotecos.
O científico Millo e EcoCarlos viñeron falarnos do movemento RAEE: A reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos.
Así aprendemos que os aparellos que xa non funcionan podemos Reparalos ou Reciclaros no Punto Limpo.
Non vos esquezades: O que se enchufa recíclase!