top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Café Literario


O pasado martes día 5 tivo lugar na biblioteca do centro o primeiro dos Cafés Literarios do CEIP Princesa de España. Esta actividade, organizada desde o equipo de biblioteca, está destinada ao persoal docente do centro así como a outros membros da comunidade educativa. Nesta ocasión, a sesión consistiu nunha breve introducción á actividade e a presentación dun capítulo do libro "30 proyectos y experiencias innovadoras en el aula de Educación Primaria" (Educa). A presentación correu a cargo do noso compañeiro José Carlos González, autor do capítulo e nominado aos premios Educa do curso pasado, galardóns que premian a excelencia docente a nivel estatal. Co título "A aprendizaxe cooperativa" unhas quince mestras e mestres debatiron sobre as diferentes posibilidades que ofrece esta metodoloxía, analizando os seus pros e os seus contras, ao redor dun café ben quentiño e un pastel feito pola nosa compañeira Montse. A actividade contou coa participación De Vicente e Aurora, en representación da Biblioteca Municipal de Verín, aos que agradecemos a súa visita. Esta iniciativa está organizada polo equipo de biblioteca e conta coa colaboración do claustro do noso centro.

#BibliotecaMunicipalVerín #CaféLiterario

Entradas Recientes

Ver todo

O alumnado de terceiro realizou unha nova entrevista sobre a multiculturalidade na aula. Resolvimos moitas dúbidas e curiosidades sobre outras culturas diferentes á nosa. Animávosvos á escoitar con at

bottom of page