top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Día d@s usuari@s da biblioteca


Co gallo da celebración do Día dos Usuarios das Bibliotecas, o noso alumnado disfrutou dunha xornada de portas abertas. A actividade realizouse o venres día 11 e contou coa participación do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Todos os cursos puideron visitar a biblioteca durante a xornada lectiva e traballaron os dereitos dos usuarios cun decálogo, obra de Daniel Pennac, e unha guía para o bo uso da biblioteca (funcións, obxectivos, regras...)

Aquí vos deixamos unha mostra do alumnado de 5º EP.

Ao remate da xornada, todos os nenos e nenas recibiron un adhesivo como agasallo e lembranza dunha xornada especial para o noso centro.

#Biblioteca #usuaris

bottom of page