top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Coñecendo Verín


O curso pasado os nos@s alumn@s de terceiro ciclo de EP adicáronse a facer un laborioso traballo de investigación sobre a nosa vila: Verín. Toda a información seleccionada polo alumnado recolleuse nun documental para dar a coñecer Verín aos cativ@ doutro centro, o EEI A Pastora de Cambados co que realizamos diferentes colaboracións.

A este documental puxéronlle voz @s nen@s de EI. Ademais, Samay, Jorge e Rubí interpretaron o vídeo á lingua de signos.

Por fin... rematamos a nosa obra. Desexamos que vos guste!

Desde o EDLG queremos dar as grazas aos titor@s de EI e de EP que colaboraron neste proxecto, ao equipo Tics e aos mestr@s da escola de Cambados.

#LSE #Intercentros #Verín

bottom of page