top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Programa TEI


No curso 2016/2017 implantamos o Programa TEI (Titoría Entre Iguais) no noso centro. Pretendiamos ter acceso a unha ferramenta que nos permitise evitar e detectar casos de "bullying" no centro.

O programa naceu en Cataluña da man do orientador Andrés Bellido e comprobouse que coa implantación da titoría entre alumnado de cursos máis altos con nenos e nenas de menor idade, reducíase esta problemática ata un 60%.

O CEIP Princesa de España foi o primeiro centro de Educación Primaria na provincia de Ourense en participar deste proxecto, xunto co IES Taboada Chivite –que o implantaron en Educación Secundaria–. Hoxe, todos os centros educativos de Verín forman parte da rede municipal de centros TEI, converténdose na primeira cidade TEI na provincia de Ourense.

#TEI

bottom of page