top of page

A nosa bitácora

  • Tics

O noso silencio, as nosas bágoas


Ao comezo do festival, non quixemos esquecernos de Laura Luelmo.

Toda a Comunidade Educativa do Princesa quixemos facer unha pequena homenaxe a Laura Luelmo, a mestra asasinada en Huelva a semana pasada. Pola nosa banda, era necesario lembrala, sabendo que estaba a cumprir o seu soño: a docencia.

Por isto, antes de dar comezo ao festival de Nadal, gardamos un minuto de silencio polo seu pasamento.

Ata sempre, mestra. Ata sempre, compañeira.

#Festival #ViolenciaXénero

bottom of page