top of page

A nosa bitácora

  • Tics

O pandeiro cadrado


Hoxe Carolina trouxo un obxecto novo a clase. Non era un cadrado calqueira, era un instrumento musical: "O pandeiro cadrado". Están formados por un bastidor de madeira e cuberto cunha pel.

Pertence aos instrumentos de percusión e ten orixe árabe. Tamén se coñece polo nome de "Adufe".

Os pandeiros cadrados tradicionalmente eran usados polas mulleres para acompañar o canto e os bailes na músical tradicional galega.

#música

bottom of page