- Tics
Festival Internacional de Curtametraxes de Verín FIC Vía XIV
Un ano máis, o noso alumnado de 3º ata 6º EP tivo a oportunidade de participar na #FICVíaXIV2018.
Nesta terceira edición, coa iniciativa "Cine de Historias", os nenos e nenas puideron desfrutar de diferentes curtametraxes de diferentes temáticas e estilos, ampliando así, a súa cultura cinematográfica.
Ademais, grazas a Raquel Queizás que caracterizou a Alice Guy, puideron coñecer dun xeito divertido a esta gran muller, considerada "a nai do cine" e que, desafortunadamente, ata hai pouco era unha gran descoñecida.
Raquel Queizás encargouse de dirixir o festival e amosarlles aos nenos e nenas un mundo de ilusión e fantasía a través do sétimo arte.