- Tics
Obradoiro dos rapaces e rapazas da Mancomunidade ao alumnado de EI
O pasado mércores recibimos a visita dos rapaces e rapazas do Obradoiro da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín que realizaron diferentes actividades cos máis pequenos e pequenas do colexio.
Comezaron a xornada con manualidades coas que desfrutaron moito. Os nenos e nenas de 3 anos realizaron un boneco de neve e os de 4 e 5 anos fixeron un móbil coa figura do Apalpador.
De seguido, o alumnado de Educación Infantil recibiu a visita do Apalpador na biblioteca do colexio. Alí puideron asistir á representación da chegada do Apalpador, resaltando a importancia dos xoguetes tradicionais feitos con madeira.
Grazas pola vosa visita @mancoverín!