top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Semana da Ciencia en Galego


Novembro é o mes da ciencia en Galego nas bibliotecas escolares e o noso centro adicou esta última semana a esta celebración. Tras un último intenso mes no que incluir o Samaín, o Magosto e as actividades contra a Violencia de Xénero, desde o luns a Biblioteca recibiu ao alumnado durante os recreos e as horas adicadas a cada grupo para o uso da mesma.

Alén da inauguración do espazo maker (espazo adicado ás artes plásticas, actividades de lóxica e memoria e un recuncho adicado aos xogos de mesa) a Biblioteca contou co experimento do día, unha frase adicada a una científica e unha selección de libros relacionados con esta temática.

Esta actividade estivo coordinada polo equipo de Biblioteca en colaboración co Proxecta Donas de Sí e o claustro do CEIP Princesa de España de Verín.

#Biblioteca #galego #ciencia #STEM #Curso20182019

bottom of page