- Tics
25N: Día contra a violencia de xénero
Dende o Proxecta Donas de si quixemos conmemorar o 25N con diferentes actividades para todo o alumnado do centro partindo sempre da canción "La puerta violeta" de Rozalén. Infantil e 1° ciclo practicaron en LSE o estribillo e pintaron portas violetas en tamaño real. 2° y 3° ciclo debatiron ao redor da letra da canción ademais de signar o estribillo. Ao longo da semana nos recreos estes dous ciclos fixemos dinámicas para elaborar mensaxes positivas que o venres 23 as nenas de sexto levaron ao IES Taboada Chivite para entregarlle a alumnas de alí. Na próxima semana exporanse unhas fotos dos HAIKUS q elaborou o alumnado de sexto sobre esta data utilizando títulos de libros e elexirase a un gañador/a.