top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Día da Biblioteca


Co gallo da celebración do día das Bibliotecas, adicado este ano 2018 a "Poéticas Diversas na biblioteca escolar", o día 24 de outubro disfrutamos dunha actividade moi especial para todo o colexio. Ubicado ao longo de toda a zona exterior en cadanseu recuncho, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria realizou unha sesión de lectura centrada na obra de diferentes autoras entre as que destacan Rosalía de Castro, Gloria Fuertes, Ana María Fernández ou Pilar Soalan. A escolma incliu poemas como "Adiós ríos, adiós fontes", "Este vaise i aquel vaise", "Mi escuela, mi escuela" ou algunhas de corte máis infantil nas que se inclúen "Dona ra" ou "Os sete cabritos". Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca e o Proxecta "Donas de si" e contou coa inestimable colaboración de todo o claustro do noso centro.

#Curso20182019

bottom of page