- Tics
De probas con Snappet
O centro, desde o 16 de abril, está participando nunha proba piloto da plataforma dixital chamada Snappet, cunha duración de 8 semanas.
Trátase dun método dixital con contidos curriculares para a etapa de primaria en 3 materias: lingua, matemáticas e inglés. O obxectivo é adaptarse ás necesidades e ritmo de cada neno e nena, chegando a unha ensinanza o máis personalizada posible. O alumnado de 1º e 2º, a través dunha Tablet, ten acceso a unha serie de actividades que deben ir adaptándose ao seu nivel, personalizando o proceso segundo os erros ou acertos que van conseguindo. Desde o centro, parécenos unha boa oportunidade para achegarse ás novas tecnoloxías, para coñecer novas metodoloxías e para poder ofertarlle ao noso alumnado os mellores recursos. Isto é so unha proba piloto, ao remate o equipo de profesores valorará se este recurso é axeitado ou non para o vindeiro curso.