top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Benvida á primavera no Día da Árbore


As nenas e nenos de 5ºEP participaron na repoboación do monte de Atalaia coa axuda dos axentes forestáis. Conmemoraron este día plantando freixos, carballos americanos, carballos galegos e bidueiros. A participación foi moi positiva e puideron comprender de primeira man a labor dos axentes para manter a nosa flora en excelentes condicións. Ao rematar, realizaron unha visita ao Castelo de Monterrei. Na oficina de turismo explicáronlles as partes do Castelo e convidáronos a voltar noutra ocasión e coñecer o seu interior. Por último, percorremos camiñando o Camiño Real desde o Castelo ata chegar ao colexio. Agradecemos á Oficina de Turismo de Monterrei e aos axentes forestais polos agasallos recibidos e pola marabillosa labor de protección da nosa contorna.


bottom of page