top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Visita da Cruz Vermella


Co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia en contra das Mulleres –que se conmemora o día 25 de novembro–, realizamos unha serie de actividades para concienciar da importancia dunha educación en igualdade. Dúas voluntarias da Cruz Vermella levaron a cabo o taller co alumnado de 3º, 4º e 5º que nos fixeron reflexionar sobre estereotipos de xénero e como todas as nenas e nenos podemos xogar ás mesmas cousas. Ademais, fixemos entre todos un gran mural onde escribimos o que está permitido e o que non está permitido nunha relación entre iguais.


bottom of page