- Tics
Tivemos unha visita moi especial!
Hoxe, no noso cole tivemos unha visita da Asociación Pro Animales Verín, que nos contaron como debemos coidar as nosas mascotas. Tamén nos contaron que na nosa vila moitos cans e gatos están a ser abandoados. Faláronnos de como tratar os animais, cales son os seus coidados básicos, qué facer en caso de que atopemos un animal na rúa e moitas máis cousas.... Pero iso, non foi todo!!
Viñeron moi ben acompañadas con dous cadeliños preciosos, ós que nos deixaron acariñar.
Aquí podedes ver algunhas das fotos.
Recordámosvos que a Asociación agradece moitísimo calquera tipo de axuda tanto económica como de alimentos. Animádevos a colaborar!!!
NON COMPRES, ADOPTA!!!