Semana do Libro

no CEIP Princesa de España

A programación desta semana ten como eixe o Día do Libro que é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A celebración desta conmemoración ten orixe na data de pasamento de Cervantes e Shakespeare.

Os nenos e nenas do colexio celebráronno cunha lectura colectiva na Praza García Barbón de Verín. O título escollido foi "Don Quixote da Mancha" e desde EI ata 6º EP, foron ler diversos fragmentos deste famoso libro para os veciños e veciñas da vila.

Tra a lectura os nenos e nenas do centro agasallaron aos alí presentes con marcapáxinas coa temática relacionada con mulleres relevantes na historia, realizados en colaboración co Proxecta do centro "Donas de si" e co proxecto da biblioteca de "Mulleres con historia".

Outra das actividades que realizamos ao longo da semana, foi implicar a todo o claustro e ao Personal de Administración e Servizos na lectura de diferentes contos sobre coeducación do proxecto "A maleta viaxeira" do CFR (Centro de Formación e Recursos) proposta no Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia.

1/2