O Samaín

2018/2019

Co motivo da celebración do Samaín, o 31 de outubro tivemos unha xornada un tanto lúdica e terrorífica no cole onde fixemos actividades coma estas:

  • Transformación maléfica a través da maquillaxe.

  • Narracións aterradoras na biblioteca.

  • Bailes con música de medo.

  • Elaboración de masas cerebrais tipo slime.

  • Concurso de sobremesas pringosas e noxentas pero saborosas.

Comezamos pola decoración do centro:

As nosas manualidades:

Agora imos ver os doces terroríficos...

Visitamos a biblioteca:

Entrega de premios de sobremesas e disfraces.

 NORABOA PEQUEN@S!!!

Desfrutando do xantar tod@s xunt@s.

Para ir meténdonos na festa, os nenos e nenas do Princesa participaron nun concurso proposto polo EDLG: "A noticia máis terrorífica" @s nen@s maís maiores, e "O debuxo máis terrorífico" para os máis cativ@s do colexio. Os resultados foron espectaculares!

Ademais, todos os nenos e nenas de Primaria elaboraron un conto superterrorífico. Impresionante o resultado!!!

PHOTO-2018-11-01-16-36-55