top of page

Colaboracións:

Plan Proxecta

Donas de si

No curso 2017/2018 no colexio abordamos, a través deste plan, a loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Afondamos na diversidade cultural para recoñecer o papel da muller nos diferentes contextos que lles toca vivir.

Estas son as actividades que realizamos este ano no colexio:

  • Día contra a violencia de xénero.

Co motivo desta conmemoración, no colexio promovemos diferentes actividades de concienciación a través do conto "Arturo e Clementina".

Ademais, tivemos a oportunidade de colaborar co Obradoiro da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e coa Cruz Vermella, que realizaron diversas propostas de sensibilización adaptadas para todo o alumnado.

  • Carta aos Reis Magos.

"O rosa non é de nenas e o azul non é de nenos".

Así comeza a publicación de PlayGround en colaboración con Pandora Mirabilla, que permitíu ao alumnado de 6º de EP debatir sobre os roles de xénero nos catálogos de xoguetes que están a disposición das nenas e nenos preto das datas de Nadal.

  • Concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Algúns alumnos e alumnas de 6º B elaboraron un cartel para o concurso  do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller proposto pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Inovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdad.

  • Lectura moi interesante.

Hoxe tivemos unha visita moi especial para os alumnos de sexto. Desde o IES Xesús Taboada Chivite viñeron a ler "El lápiz mágico de Malala".

Desfrutamos moito desta visita e da lectura. Ata a próxima!!!!

  • Conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora

Ao longo da semana do 5 ao 9 de marzo, co motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora (o 8 de marzo), estanse levando a cabo, na hora da lectura, visitas das nenas e nenos de 6º EP ao resto dos niveis do centro. Nestas pequenas visitas lenlle relatos do libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" de Elena Favilli e Francesca Cavallo. Con isto pretendemos que o alumnado coñeza a importancia que tiveron as mulleres nos diferentes ámbitos ao longo da historia.

Tamén levamos a cabo unha actividade na que o alumnado, debía formar un puzzle xigante composto por catro mulleres importantes da actualidade. Cada unha delas pertence a un ámbito distinto (deporte, cultura, ciencia e política) no que foi ou é fundamental o seu papel.

  • Proxecto "Maletas viaxeiras" para a Igualdade

Ao longo do mes de abril, as alumnas e alumnos do noso centro teñen á súa disposición a maleta viaxeira do CFR (Centro de Formación e Recursos) sobre coeducación. Todo o alumnado poderá disfrutar dela na biblioteca do centro, onde se habilitou un espazo de exposición e lectura dos contos sobre a historia das mulleres, a súa identidade, os estereotipos, a violencia de xénero...

O proxecto “Maletas Viaxeiras” é unha medida proposta polo Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia como recurso para abordar un cambio profundo de valores e ideas que están presentes na sociedade.

  • Día Internacional das rapazas TIC

As nosas alumnas de 6ºEP, tiveron a oportunidade de participar nun taller dentro do proxecto de centro "Donas de si" para conmemorar o Día Internacional das rapazas nas TIC.
Dito taller forma parte do programa Diana, que é levado a cabo polo Instituto da Muller e para a Igualdade de oportunidades do Ministerio de Sanidade.
O taller consistiu en transmitirlles información que nos ofreceu o Centro de Supercomputación de Galicia e a programación visual con Scratch para a creación de xogos de animación.
As nosas alumnas descubriron as súas destrezas na programación e pasárono xenial!

  • Novas masculinidades

Mentres as alumnas de 6ºEP descubrían o uso da programación con Scratch, os nenos tiveron dinámicas de grupo sobre "novas masculinidades" que tamén forma parte do noso proxecto de centro "Donas de si". Eles tamén pasaron un intre entretido e con ganas de repetir.

Na nosa biblioteca apareceu unha nova personaxe para facerlle compaña a Zas!!!

As nenas e nenos terán que adivinar de quen se trata a través de preguntas ás cales só podemos contestar Sl ou NON.

Animarse a ver quen consegue descubrir de quen se trata!!!

  • Unha visita chea de misterio
  • Unha visita chea de misterio

Esta semana estase levando a cabo en colaboración coa biblioteca a actividade de “Contos reclásicos”. Esta actividade consiste nunha lectura de grupo-clase dos contos clásicos (Brancaneves, Cinsenta...) e inventar un novo final dende unha perspectiva coeducativa, destacando os valores da igualdade e a non violencia.

  • Exposición premios María Josefa Wonenburger

Durante estes días contamos no centro cunha exposición fotográfica dos premios María Josefa Wonenburger Planells. Para motivar ao noso alumnado a coñecer ás mulleres gañadoras dese premio, ocorréusenos elaborar unhas probas estilo ginkana. Para iso, organizamos a clase por equipos e tiñan que resolver unha serie de preguntas e superar unha proba. O alumnado pasouno xenial ao tempo que aprendían de forma divertida.

  • Mulleres importantes na historia

Ao longo de todo o curso realizáronse traballos sobre diferentes mulleres importantes na historia. En colaboración co equipo de biblioteca, a cada nivel foille asignada unha muller sobre a cal tiñan que facer un traballo expositivo durante os meses que durou o curso académico, de tal xeito que cada mes tiñamos unha muller importante. Algúns deses traballos foron búsqueda de pistas, murais, lapbooks... Deixámosvos unha pequena mostra de algúns deles...

  • Canción: Tod@s somos iguais

As nenas e nenos do noso centro disfrutaron dun día de convivencia en Tintores onde ocuparon o tempo realizando diversas actividades ( xogos, talleres de manualidades, bailes e canciòns) así como disfrutando de merendas saudables e comida. Ao rematar o día de convivencia, todo o alumnado se xuntou para cantar en conxunto unha cantiga onde se recolle a importancia da igualdade e a diversidade. Dita cantiga ( música e letra) ten como autor a un dos mestres do noso centro, José Carlos, quen a elaborou facendo un pouco máis “visible” a importancia da coeducaciòn e dos valores.  
Aquí tedes unha mostra por si vos animades a cantala con nòs!

  • Teatro Fin de Curso

Para rematar o curso as nenas e nenos de sexto interpretaron unha obra de teatro sobre o conto de Érase dúas veces Brancaneves. Trátase dunha obra de teatro en inglés e, por suposto, con temática coeducativa na que nos sorprende cun final no que a princesa non acepta a proposta de matrimonio do príncipe. 
Parabéns a ese alumnado e ao noso mestre de inglés Bernardo polo traballo tan grande que hai detrás desta obra.

bottom of page