top of page

Saída ao bus de alimentos saudables e reciclaxe do supermercado Gadis

Na saída que realizamos no mes de setembro, fomos á Praza García Barbón de Verín, onde se encontraba o autobús do supermercado Gadis.

Alí fixemos diferentes actividades relacionadas coa alimentación e a reciclaxe:

  • Xogamos a mercar no supermercado: Recollimos alimentos para logo colocalos nunha pirámide alimentaria magnética.

  • Reciclamos nos colectores de lixo.

  • Vimos un vídeo sobre a transformación dos alimentos.

- Agora sabemos como se fan os chourizos e o queixo!

Para rematar, o supermercado Gadis deunos un agasallo.

Despois, achegámonos á Praza da Alameda e á praia fluvial onde puidemos xogar.

A nosa pirámide alimentaria

No colexio quixemos reforzar a saída ao autobús do supermercado Gadis debuxando unha pirámide, que enchemos con debuxos de alimentos que buscamos nos folletos de publicidade dos diferentes supermercados de Verín.

O día contra a violencia de xénero

O 25 de novembro realizamos unha actividade na que as nenas e nenos de Educación Infantil tiñan que dicir cales eran as palabras que máis lles gustaba que lles dixeran. 

4º EI

5º EI

6º EI

Experimentos

Os mércores pola tarde é cando realizamos un proxecto conxunto todas as aulas de EI. No segundo trimestre xogamos a ser científicos e investigar os segredos da ciencia de forma divertida.

Día do libro

Desta volta, o alumnado de 3,4 e 5 anos fixo un broche con forma de pirata para celebrar o Día do Libro e así facer unha achega ao proxecto común que están a realizar. 

4º EI

5º EI

6º EI

bottom of page