Saída ao bus de alimentos saudables e reciclaxe do supermercado Gadis
Na saída que realizamos no mes de setembro, fomos á Praza García Barbón de Verín, onde se encontraba o autobús do supermercado Gadis.
Alí fixemos diferentes actividades relacionadas coa alimentación e a reciclaxe:
-
Xogamos a mercar no supermercado: Recollimos alimentos para logo colocalos nunha pirámide alimentaria magnética.
-
Reciclamos nos colectores de lixo.
-
Vimos un vídeo sobre a transformación dos alimentos.
- Agora sabemos como se fan os chourizos e o queixo!
Para rematar, o supermercado Gadis deunos un agasallo.
Despois, achegámonos á Praza da Alameda e á praia fluvial onde puidemos xogar.
A nosa pirámide alimentaria
No colexio quixemos reforzar a saída ao autobús do supermercado Gadis debuxando unha pirámide, que enchemos con debuxos de alimentos que buscamos nos folletos de publicidade dos diferentes supermercados de Verín.
O día contra a violencia de xénero
O 25 de novembro realizamos unha actividade na que as nenas e nenos de Educación Infantil tiñan que dicir cales eran as palabras que máis lles gustaba que lles dixeran.
4º EI
5º EI
6º EI
Experimentos
Os mércores pola tarde é cando realizamos un proxecto conxunto todas as aulas de EI. No segundo trimestre xogamos a ser científicos e investigar os segredos da ciencia de forma divertida.
Día do libro
Desta volta, o alumnado de 3,4 e 5 anos fixo un broche con forma de pirata para celebrar o Día do Libro e así facer unha achega ao proxecto común que están a realizar.