top of page

Neste apartado poderedes atopar diferentes actividades que faremos ao longo do curso. Nel recollemos os diferentes libros que imos creando cos nosos nenos e coa axuda das súas familias.

O que pretendemos con estes libros é que os nosos nenos e as familias falen, escriban e se expresen en lingua galega de forma cotiá, promovendo así a nosa lingua. Buscamos a participacion de toda a comunidade educativa (familia, veciños, maiores...) así como que na medida do posible exista un intercambio xeracional de historias, anécdotas...

Estes libros son moi diferentes aos que estades acostumados a ver, xa que neles atoparedes cousas que nos interesan, ideas que xurden durante as clases ao falar de diversos temas.... en fin, os nosos libros

                                    AS VERBAS MÁIS FERMOSAS.

A nosa lingua, como xa sabedes, é unha lingua viva e chea de verbas moi fermosas e interesantes por coñecer. Disto é do que trata o noso libro, de que cada neno pensara e buscara de entre todas as palabras que coñece, as mais fermosas para el. E iste foi o resultado.

RECETARIO DE NADAL

Neste libro recollemos as receitas tradicionais e caseiras de cada familia. Cada neno tiña que aportar unha receita das que se adoitaban facer nas datas de Nadal na súa casa.

As receitas podían ser de: entrantes, primeiro prato, segundo prato ou sobremesa.

Agora só nos falta poñelas en marcha e... bo proveito!!!

bottom of page