A biblioteca de Zas
forma parte da Rede de Bibliotecas escolares de Galicia
Desde o curso 2016-2017 a Biblioteca do colexio forma parte do PLAMBE.
Este programa trata de impulsar a transformación das bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
O colexio promove continuamente o uso da biblioteca como espazo de lectura e de consulta. Ademais, realízanse numerosas actividades para fomentar o entretemento e pracer.
É fundamental fomentar o uso da lectura dende pequenos, xa que a lectura é unha oportunidade de abrirlles os ollos aos cativos a un mundo de información, cultura, fantasía e imaximación, beneficioso para impulsar o proceso de aprendizaxe.
Ser partícipes deste proxecto de innovación posibilitou melloras en canto á xestión técnica, de espazos e recursos:
-
Reformamos as instalacións, dotando á biblioteca con mobiliario novo.
-
Aumentamos o fondo de libros da biblioteca.
-
Coa bitácora tratamos de amosar o mundo das nenas e nenos no colexio deixando que a lectura fome parte da súa vida.
-
Modernizamos o material informático, favorecendo o uso das novas tecnoloxías aos nenos e nenas, dotando a biblioteca de novos portátiles e tabletas.
-
Elaboramos diferentes actividades para todo o alumnado do centro para promover o fomento da lectura, como o Proxecto Documental de "Mulleres con historia" ou a hora de ler.