top of page

Proxecto:

Mulleres con historia

Curso 2017-2018

Desde o  CEIP Princesa de España  queremos homenaxear a algunhas mulleres que co seu traballo contribuíron a facer un mundo mellor. Pretendemos que as nenas e nenos do colexio soñen con ser o que queiran ser. Todo está ao seu alcance e que non existan barreiras polo seu xénero. Queremos que o alumnado aprenda a valorar e respetar ás compañeiras e compañeiros profesionalmente. Por iso, este ano queremos recordar a:

  • Dian Fossey recoñecida polo seus estudos sobre os gorilas e a súa loita contra a extinción da especie polos cazadores furtivos.

  • Edurne Pasaban, a primeira muller alpinista en ascender aos 14 oitomiles.

  • Menchu Lamas pintora galega que nos invita a soñar a través da súa creatividade artística.

  • Lita Cabellut recoñecida artista que nos demostra que o arte non entende de etnias.

  • Margarita Salas e Montserrat Calleja, científicas que, coas súas investigacións achegáronnos máis información sobre o corpo humano.

  • Rigobera Menchú, líder indíxena gualtemalteca, defensora dos dereitos humanos.

  • Teresa Perales, nadadora paralímpica que demostra que non existen os límites cando a meta é alcanzar os nosos soños.

  • Ellen Johnson-Sirleaf, primeira muller presidente en toda África .

Aquí deixamos algúns dos traballos que elaboramos no colexio para coñecer máis sobre estas heroínas. Esperamos que vos gusten.

IMG_7027
2018-03-07-PHOTO-00003824
2018-03-08-PHOTO-00003917
2018-03-08-PHOTO-00003879
2018-03-08-PHOTO-00003881
2018-03-08-PHOTO-00000241
  • Mulleres nos libros

Facía tempo que Zas non saía da biblioteca pero esta actividade era especial. O 11 de xaneiro celebramos o Día dos usuarios e usuarias das Bibliotecas Escolares.

E para fomentar o uso da biblioteca preparamos un xogo algo misterioso. Polo colexio apareceron carteis cun número e unha cor asociada. Este código servirá para que vos acheguedes á biblioteca nalgún recreo e que os nenos e nenas preguntaran pola PISTA correspondente.

Ao atopar a solución á pista, realizamos unha foto que colocamos no cartel e así que os demais compañeiros e compañeiras do colexio coñeceran que pistas estaban 

bottom of page