top of page

Os nosos contos

Coa chegada do mes de novembro celebrouse o Magosto no cole. O EDLN xunto co Equipo de Biblioteca, aproveitando esta ocasión, realizaron unha actividade conxunta cos rapaces e rapazas, recollendo información para elaborar uns libros.

O Entroido é un tempo de cigarróns, disfraces, perrucas e desfiles, pero tamén das comidas típicas destas datas. Outro dos libros que creamos foi un "Receitario Entroideiro". Nel recollemos as receitas máis populares que as familias do noso alumnado cociñan durante esta época.

Celebramos o Día do Libro lendo unha historia en galego a que lle inventamos fantásticos e marabillosos finais. Agora xa temos a nosa propia historia!!!

Durante o curso os pequenos crean contos que con moito agarimo  as mestras van encadernando.

Herbario Galego
bottom of page