A historia de Zas
Contan que Zas, a mascota da nosa biblioteca, ten unha orixe ben curiosa. Segundo conta a súa historia, antes da contrución do noso colexio, vivía como calquera toupa a facer túneles e buracos nunha horta.
Mentras duraron as obras, Zas fuxiu ás hortas e viñas que estaban preto do centro e, cando estas remataron, voltou ás terras do Princesa. Aquí xurdiu o problema, Zas xa non podía saír á superficie desde os seus túneles. Deste xeito, decidiu ir a biblioteca e investigar como podería construír unhas ás que lle permitisen desprazarse polo cole, no canto de ter que andar sempre pola terra.
Logo de ler unha chea de libros, descubriu un xeito de fabricar as ás. Aproveitando algúns materiais de refugallo que ía atopando polo cole e os seus arredores, cuns cantos anacos de arame dos que sobran nas viñas e unha gran cantidade de imaxinación, foi quen de seguir os deseños e facer as súas alas.
Agora, grazas ao seu invento, pode visitar a nosa biblioteca cando quere, sen dar coa cachola contra o cemento do noso patio.