top of page

Aquí podedes ver algunhas actividades de 6ºE.P. que fixemos ao longo do curso 2017-2018:

Igualdade de xénero

O día 25 de novembro de cada ano conmemorase o “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.

         Neste ano 2017 o alumnado de 6º E.P. do CEIP Princesa de España desenvolveron unha actividade na que se trataba de buscar en xornais noticias relacionadas co evento. Logo, coa colaboración de todos e as indicacións que viñeron a darnos monitores voluntarios da Cruz Vermella, elaborouse un mural colocando as noticias e algunha que outra atopada fóra da prensa.

         O marco do mural, no que aparecen plasmadas as palmas das mans, foi obra do alumnado de 1º E.P.

Este mural atópase exposto nun dos corredores do Colexio, para que sirva de chamada de atención a tod@s aqueles que sintan este feito como un dos graves problemas da sociedade.

bottom of page