top of page

CONTACONTOS EN GALEGO

Como xa sabedes, o mundo dos contos é un mundo máxico para os nosos cativos. Unha das actividades que vimos facendo no último ano, son os contacontos no cole., debido a que nos parece unha actividade moi motivadora para eles. Nun primiero momento son os titores os que traballan os contos nas aulas, para máis tarde recibir o contaontos.

Agora é onde comeza o mundo máxico porque, quen nos contará os contos?

 - OS CONTACONTOS DOS MAIORES

Os alumnos máis veteranos do cole viñeron a contarnos varios contos durante o 1º trimestre. Para esta actividade contamos coa colaboración do Equipo de Biblioteca. A actividade consistía en que os maiores elixiran un conto que lles guastara, o traballaran na aula e cara fin de mes, llo foran a contar aos mais cativo do cole.

                Orejas de mariposa:

Este conto foi e castelán, debido a que unha das nenas que o contaba é xorda (fala en lingua castelá). A maiores o conto estaba interpretado en lingua de signos polas suas compañeiras

          O ladrón de paxaros:

Martín ten unha almofada máxica que voa. Con ela vai tentar soltar a todos os paxaros que se atopan pechados nas gaiolas da súa cidade.

                Nube de neve:

Unha nena chamada Oia, garda un anaco de nube de neve no conxelador. Cando chegue a primavera ou o verán poderá cubrir todo de folerpas de neve. Pero, que acontecerá se o fai?

- OS CONTACONTOS DO I.E.S. TABOADA CHIVITE:

Durante o primeiro trimestre tivemos unha visita moi especial. Algúns alumnos do I.E.S Taboada Chivite viñeron a contar un conto en lingua galega aos nenos de Educación Infantil.

-OUTROS CONTACONTOS:

Durante o primeiro e o segundo trimestre tivemos varias visitas no cole. Debido a que se compraron numerosos libros en galego, conseguimos que varias editoriais nos mandaran varios contacontos ao cole.

O cociñeiro Martiño:

No palacio buscan un bo ccociñeiro, que sepa cociñar para os reis e raíñas. Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero primeiro terá que atopar os ingredientes necesarios.

O monstro de cores:

O monstro de cores non sabe que lle pasa. Está feito un lío por culpa das súas emocións. Agora terá que aprender a identificalas para dominalas.

bottom of page