Bitácora

P. LIBROS.png

27 Nov 2019

A chuvia fixo que o recreo fose no ximnasio. Pero non temos problema: Se chove que chova!

As profes fixeron un circuíto para mellorar as nosas condicións físicas: Atención, concentración, psicomotricidade grosa, lateralidade...

Un sinfín de carreiras onde o pasamos de ma...

27 Nov 2019

O 25 de novembro foi unha data sinalada no colexio. Levamos tres anos desenvolvendo o Proxecta "Donas de Si" no centro, tratando de ensalzar o papel da muller na nosa sociedade. Por isto, foi fundamental que tanto o alumnado como o profesorado nos xuntásemos cunha mens...

19 Nov 2019

Os nenos e nenas de cinco anos durante este curso iniciarémonos no teatro, e para ir quentando motores dramatizamos un pequeno conto para todo o alumnado de infantil “A Castaña que rebentou de risa”. Logo fixemos un monicreque dunha castaña. Pasámolo xenial!

19 Nov 2019

Xa chegou!! O día 11 de novembro era a data elixida para o Día do Magosto. Así que os nenos e nenas de 5 anos fixemos a nosa cesta para recoller as castañas. Mirade que chulas nos quedaron!!!

19 Nov 2019

Xa sabedes que estamos aprendendo moitas cousas co noso proxecto "O noso corpo". Esta semana tocou aprender os nomes dos osos máis importantes do corpo. 

18 Nov 2019

As nenas e nenos de 3 anos estivemos falando sobre os froitos do outono. Conchos, avelás, améndoas... e axudados pola profe Dolly e a profe Tere, fixemos as nosas boliñas do outono!

Necesitamos galletas, leite condensada, avelás, améndoas, cacao en po e tritur...

18 Nov 2019

Os nenos e nenas de Educación Infantil están traballando un proxecto común "O noso corpo".

Cada aula iniciou o proxecto analizando os coñecementos que teñen sobre a anatomía humana.

Seguiron con outras  actividades como recoñecer as partes da cara. Para isto utiliz...

18 Nov 2019

A festa de Samaín que celebramos o mércores, 30 de outubro, foi terroríficamente divertida e desde os máis peques ata os maiores desfrutamos moitísimo.

Xuntámonos @s mestr@s e @s nen@s no comedor, así foi como comezou a celebración do Samaín, cunha comida conxunta na qu...

12 Nov 2019

Co gallo do día do San Martiño, o 11 de novembro celebramos o magosto no colexio. O día estivo bastante completo:

- Tivemos a comida no patio do colexio. As cociñeiras do cole repartiron bocadillos vexetais e de chourizo para todo o alumnado.

- No postre poidemos d...

7 Nov 2019

Na semana da celebración do Samaín as nenas e nenos de 4ºB contáronnos o conto de Caramuñas e axudáronnos a facer unha manualidade MONSTRUOSA!!

6 Nov 2019

Onte tivemos a oportunidade de ver o Arco da vella e hoxe na clase de inglés fixemos este fermoso mural e así recordamos o nome das súas cores:

RED

ORANGE

YELLOW

GREEN

BLUE

INDIGO

VIOLET

4 Nov 2019

O xoves 24 de outubro quixemos inaugurar a nosa biblioteca escolar despois de moitas horas de limpeza e orde xa que as obras do verán deixaron todo feito un desastre.

As 14 horas soou un “timbre tolo” e nas clases puxémonos a ler ata rematar a sesión de mañá. Namentres...

29 Oct 2019

Durante estes días  @s nen@s do cole están a realizar diferentes manualidades para que o cole quede terrorífico, e así celebrar o día do Samaín.

  • Parte I:

  • Parte II:

  • Parte III:

29 Oct 2019

Neste curso 2019/2020, as nenas e nenos de Educación Infantil (EI) van a ter a sorte de achegarse a unha  nova lingua, a Lingua de Signos, de man de Carolina, a intérprete do noso centro. 

No noso cole somos plurilingües!!!

Falamos galego, castelán, inglé...

28 Oct 2019

Antigamente as nenas e nenos que axudaban na época da recolleita do millo recompensábamos co agasaio dunha cabaza, que decoraban coa axuda das súas familias.

Hoxe, as nenas e nenos de 5 anos decoraron o mural do seu corredor e fixeron fotos no photocall da ent...