Bitácora

P. LIBROS.png

19 Nov 2019

Os nenos e nenas de cinco anos durante este curso iniciarémonos no teatro, e para ir quentando motores dramatizamos un pequeno conto para todo o alumnado de infantil “A Castaña que rebentou de risa”. Logo fixemos un monicreque dunha castaña. Pasámolo xenial!

29 Oct 2019

Durante estes días  @s nen@s do cole están a realizar diferentes manualidades para que o cole quede terrorífico, e así celebrar o día do Samaín.

  • Parte I:

  • Parte II:

  • Parte III:

28 Oct 2019

Antigamente as nenas e nenos que axudaban na época da recolleita do millo recompensábamos co agasaio dunha cabaza, que decoraban coa axuda das súas familias.

Hoxe, as nenas e nenos de 5 anos decoraron o mural do seu corredor e fixeron fotos no photocall da ent...

28 Oct 2019

Ademais de facer o noso prato monstruoso para enfeitizar o cole, @s nen@s de 6º B degustamos todas as froitas coas que o elaboramos. 

Que boas estaban!!!

13 Oct 2019

Xa levamos tres experimentos e quedan moitos por facer este curso. Os pequenos están moi motivados!

 Ao mesmo tempo que nos achegamos ao método científico de investigación tamén traballamos a lectura comprensiva e a expresión escrita en galego.

Para o Samaín xa estamos a...

17 Jun 2019

Cada 14 de xuño celébrase en España o Día Nacional das Linguas de Signos e no Princesa queremos participar da festa.

Dende o centro promovéronse varias actividades ao redor deste día:

- Obradoiro de lingua de signos para as familias: 

- Obradoiros para o alumnado:

 - E pr...

11 Jun 2019

A actriz, monologuista e escritora Paula Carballeira veo ao noso centro a presentarnos o seu libro Bruxa e Familia.

 Para rematar adicounos a cada un o noso exemplar.

Grazas Paula!!!

2 Jun 2019

O día das letras galegas resulta un día idóneo para coñecer ós precursores e precursoras da nosa lingua, cultura e tradicións galegas. Precisamente por iso en 5°B estivemos durante semanas previas lendo, investigando e descubrindo que fixo Antón Fraguas por nós e por c...

20 May 2019

Que sorte poder desfrutar de actividades con outros coles que están moi lonxe a través das novas tecnoloxías.

Esto foi o que fixemos cun centro de Corcubión onde contactamos co profe Brais e os nenos e nenas de 3ºEP. Eles viron o noso vídeo "Coñecendo Verín" e nós desfr...

24 Apr 2019

Ensinamos o noso traballo aos nenos e nenas da EEI A Pastora. O video de "Coñecendo Verín" tivo un gran éxito!!!

Os nenos e nenas de Cambados quixeron seguir aprendendo sobre as nosas tradicións e en Entroido realizaron un proxecto sobre "O triángulo máxico de Galicia",...

4 Apr 2019

A pasada semana a Biblioteca do noso cole acolleu a Semana das Linguas no Princesa. Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca e contou coa colaboración de todo o claustro, estando destinada a todo o alumnado de Educación Primaria.

Cada día o profesorad...

27 Mar 2019

Este curso queremos compartir con todos/as aqueles que o desexen os Remedios Tradicionais que xa empregaban os nosos ancestros e que todos nós recollemos en herencia. E como en cada zona, en cada casa e incluso cada un de nós temos os nosos propios remedios, coa colabo...

25 Mar 2019

Un ano máis contamos coa presenza de Nelson, antigo membro da Asociación do Cigarrón de Verín,  para ensinar aos nosos cativos como elaborar en xeso a máscara do entroido que nos caracteriza como pobo  e pola que somos coñecidos máis aló das nosas fronteiras:  A máscar...

7 Feb 2019

No noso colexio traballamos todos os días para que as relacións entre todos/as sexan cordiais e respéctuosas. Tratamos de crear un ambiente de harmonía baseado na colaboración, o compañeirismo, a solidaridade e a tolerancia. Pero, dun xeito moi especial, quixemos deixa...

22 Jan 2019

Durante este curso os nen@s de 6º curso do CEIP Princesa de España farán nov@s amig@s nesta ocasión por carta e na nosa lingua,  e coñecerán cativ@s do primeiro curso do IES Carlos Casares de Viana.

A experiencia xa está en marcha e de momento a tod@s lle...