Bitácora

P. LIBROS.png

4 Dec 2019

Este martes 3 de decembro tivemos a sorte de desfrutar dunha xornada cinematográfica no auditorio da vila. O alumnado de 3º, 4º 5º e 6º visualizaron esta maña as curtas  a cargo de Cine Marabillas.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo , esperamos que vos guste...

2 Dec 2019

Hoxe viñeron de visita a odontóloga Lorena e a hixienista Maica para explicar como coidar os nosos dentes, ademais dos alimentos beneficiosos para o seu coidado e os perxudiciais. Por último, explicáronnos a importancia de limpar a boca... temos que limpar os dentes co...

29 Nov 2019

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto aprendemos onte a actuar ante os sustos e pupas que acostuman a pasar. Divertímonos moito porque fixemos curas, vendaxes, masaxes cardíacos... todo grazas aos enfermeiros e enfermeiras super preparados que viñeron ensinarnos. Foi x...

28 Nov 2019

Durante a semana do 19 ao 24 de novembro, levamos a cabo algunhas actividades de concienciación en contra da violencia de xénero na biblioteca. 

Nos recreos, os compañeiros e compañeiras de 6ºEP léronlle e axudaron aos cursos de 1º a 5º a entender, asimilar e traba...

28 Nov 2019

O día 25 de novembro de cada ano celébrase, declarado pola ONU, o “Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller”. Para conmemoralo, no CEIP Princesa de España quixemos dar a ver nunha exposición, xentilmente cedida por FEMURO (Federación provincial de Mulleres Ru...

27 Nov 2019

O 25 de novembro foi unha data sinalada no colexio. Levamos tres anos desenvolvendo o Proxecta "Donas de Si" no centro, tratando de ensalzar o papel da muller na nosa sociedade. Por isto, foi fundamental que tanto o alumnado como o profesorado nos xuntásemos cunha mens...

24 Nov 2019

Xa está en marcha outro ano máis o Programa TEI no noso colexio. As nenas e nenos de 3º de Primaria coñeceron ás titoras e titores de 5º. 

18 Nov 2019

A festa de Samaín que celebramos o mércores, 30 de outubro, foi terroríficamente divertida e desde os máis peques ata os maiores desfrutamos moitísimo.

Xuntámonos @s mestr@s e @s nen@s no comedor, así foi como comezou a celebración do Samaín, cunha comida conxunta na qu...

12 Nov 2019

Co gallo do día do San Martiño, o 11 de novembro celebramos o magosto no colexio. O día estivo bastante completo:

- Tivemos a comida no patio do colexio. As cociñeiras do cole repartiron bocadillos vexetais e de chourizo para todo o alumnado.

- No postre poidemos d...

11 Nov 2019

@s alumn@s de 3º B fixemos un experimento en clase. Elaboramos unha guerra gaseosa algo explosiva e foi moi divertido ademáis de que o pasamos moi ben e aprendemos un montón sobre a ciencia.

4 Nov 2019

Na primeira semana que inauguramos a biblioteca escolar todas as clases de primaria foron pasando pola biblioteca. Recordamos as normas, presentamos os novos recunchos  de robótica e o CulturízaT. Neste último cada semana iremos achegando información sobre unha persona...

4 Nov 2019

O xoves 24 de outubro quixemos inaugurar a nosa biblioteca escolar despois de moitas horas de limpeza e orde xa que as obras do verán deixaron todo feito un desastre.

As 14 horas soou un “timbre tolo” e nas clases puxémonos a ler ata rematar a sesión de mañá. Namentres...

30 Oct 2019

Non vos preocupados porque os nenos e nenas de terceiro xa terminaron con eles para que o Samaín sexa algo menos terrorífico. 

Ademáis de aprender mates,pasámolo bomba!!!!