Bitácora

P. LIBROS.png

2 Dec 2019

Hoxe viñeron de visita a odontóloga Lorena e a hixienista Maica para explicar como coidar os nosos dentes, ademais dos alimentos beneficiosos para o seu coidado e os perxudiciais. Por último, explicáronnos a importancia de limpar a boca... temos que limpar os dentes co...

28 Nov 2019

Durante a semana do 19 ao 24 de novembro, levamos a cabo algunhas actividades de concienciación en contra da violencia de xénero na biblioteca. 

Nos recreos, os compañeiros e compañeiras de 6ºEP léronlle e axudaron aos cursos de 1º a 5º a entender, asimilar e traba...

28 Nov 2019

O día 25 de novembro de cada ano celébrase, declarado pola ONU, o “Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller”. Para conmemoralo, no CEIP Princesa de España quixemos dar a ver nunha exposición, xentilmente cedida por FEMURO (Federación provincial de Mulleres Ru...

27 Nov 2019

O 25 de novembro foi unha data sinalada no colexio. Levamos tres anos desenvolvendo o Proxecta "Donas de Si" no centro, tratando de ensalzar o papel da muller na nosa sociedade. Por isto, foi fundamental que tanto o alumnado como o profesorado nos xuntásemos cunha mens...

18 Nov 2019

A festa de Samaín que celebramos o mércores, 30 de outubro, foi terroríficamente divertida e desde os máis peques ata os maiores desfrutamos moitísimo.

Xuntámonos @s mestr@s e @s nen@s no comedor, así foi como comezou a celebración do Samaín, cunha comida conxunta na qu...

12 Nov 2019

Co gallo do día do San Martiño, o 11 de novembro celebramos o magosto no colexio. O día estivo bastante completo:

- Tivemos a comida no patio do colexio. As cociñeiras do cole repartiron bocadillos vexetais e de chourizo para todo o alumnado.

- No postre poidemos d...

4 Nov 2019

Na primeira semana que inauguramos a biblioteca escolar todas as clases de primaria foron pasando pola biblioteca. Recordamos as normas, presentamos os novos recunchos  de robótica e o CulturízaT. Neste último cada semana iremos achegando información sobre unha persona...

4 Nov 2019

O xoves 24 de outubro quixemos inaugurar a nosa biblioteca escolar despois de moitas horas de limpeza e orde xa que as obras do verán deixaron todo feito un desastre.

As 14 horas soou un “timbre tolo” e nas clases puxémonos a ler ata rematar a sesión de mañá. Namentres...

29 Oct 2019

Durante estes días  @s nen@s do cole están a realizar diferentes manualidades para que o cole quede terrorífico, e así celebrar o día do Samaín.

  • Parte I:

  • Parte II:

  • Parte III:

23 Oct 2019

O 16 de outubro celébrase o “Día Mundial da Alimentación”, impulsado pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), co lema “Unha alimentación sa. Para un mundo fame cero”.

No CEIP Princesa de España fixemos unha actividade consistente n...

30 Sep 2019

Estimadas familias:

Lembrámoslles que mañá, martes 1 de outubro, haberá o cambio de xornada escolar.