

Tics
- 2 dic 2019
Dentes sans!
Hoxe viñeron de visita a odontóloga Lorena e a hixienista Maica para explicar como coidar os nosos dentes, ademais dos alimentos beneficiosos para o seu coidado e os perxudiciais. Por último, explicáronnos a importancia de limpar a boca... temos que limpar os dentes como mínimo tres veces ao día. E non vos esquezades... debemos limpar os dentes e a lingua! #Obradoiro #SaúdeBucodental #Curso2019_2020
5 visualizaciones


Tics
- 18 nov 2019
Celebrando o Samaín
A festa de Samaín que celebramos o mércores, 30 de outubro, foi terroríficamente divertida e desde os máis peques ata os maiores desfrutamos moitísimo. Xuntámonos @s mestr@s e @s nen@s no comedor, así foi como comezou a celebración do Samaín, cunha comida conxunta na que a convivencia de tod@s era o requisito primordial. Aproveitamos para dar os premios ás nenas e nenos que participaron no concurso de manualidades sobre o Samaín. Gañadores do concurso de manualidades Hoxe a m
18 visualizaciones


Tics
- 11 abr 2019
A experiencia de Irene Jiménez Cortiñas
Co motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, o 8 de abril e dentro das I Xornadas Multiculturais do CEIP Princesa de España, as nenas e nenos de primaria tiveron a oportunidade de asistir ao obradoiro impartido por Irene Jiménez Cortiñas. Irene contounos a súa experiencia como muller, mestra e mediadora xitana. Acercou a cultura do pobo xitano ao alumnado do centro tendo en conta que temos que coñecer antes de xulgar. #XornadasMulticulturais #Obradoiro #Curso20182019
11 visualizaciones


Tics
- 4 abr 2019
Semana das línguas
A pasada semana a Biblioteca do noso cole acolleu a Semana das Linguas no Princesa. Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca e contou coa colaboración de todo o claustro, estando destinada a todo o alumnado de Educación Primaria. Cada día o profesorado responsable da biblioteca nos recreos atendeu ao alumnado nunha lingua diferente: galego (luns), francés (martes), lingua de signos (mércores), portugués (xoves) e inglés (venres). Os contidos estiveron relac
12 visualizaciones


Tics
- 14 feb 2019
Obradoiro de disfraces para Entroido
Durante estes días previos ao desfile infantil, tivemos unha inmensa axuda do persoal que traballa no Obradoiro da Mancomunidade, para ir facendo os disfraces de peixe que nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. van lucir. Traballaron moito, tanto o alumnado como os membros do equipo que veu axudarnos e, agardamos que o esforzo realizado poida servir como experiencia positiva de traballo en común e sexan quen de decatarse da importancia de unir esforzos entre todos e todas. Queremos
12 visualizaciones


Tics
- 17 dic 2018
Unha gota é un océano
O pasado 28 de novembro tivemos a sorte de desfrutar dunha charla para @s alumn@s de 5º e 6º de Primaria, sobre a importancia da auga nos tempos que corren, proposta pola Asociación de Balnearios. Ademais, obsequiáronnos cun libro que leva por título "Unha gota é un océano" #Obradoiro
9 visualizaciones


Tics
- 11 dic 2018
Outra actividade dos rapaces e rapazas do Obradoiro da Mancomunidade de Verín
Unha vez rematadas as actividades deseñadas para o alumnado de Educación Infantil, foron os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria os que tiveron a oportunidade de realizar diferentes actividades dinamizadas polos rapaces e rapazas do Obradoiro da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. Divertíronse bailando, posando no photocall, realizando diferentes xogos populares no patio do colexio. @mancoverin outra vez grazas por visitarnos e facer que os nenos e nena
63 visualizaciones


Tics
- 5 dic 2018
Obradoiro dos rapaces e rapazas da Mancomunidade ao alumnado de EI
O pasado mércores recibimos a visita dos rapaces e rapazas do Obradoiro da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín que realizaron diferentes actividades cos máis pequenos e pequenas do colexio. Comezaron a xornada con manualidades coas que desfrutaron moito. Os nenos e nenas de 3 anos realizaron un boneco de neve e os de 4 e 5 anos fixeron un móbil coa figura do Apalpador. De seguido, o alumnado de Educación Infantil recibiu a visita do Apalpador na biblioteca do cole
82 visualizaciones