

Tics
- 30 dic 2018
Lácteos na escola
Desde o cole, ao igual que desde os fogares, queremos fomentar que os nenos e nenas se alimenten de xeito correcto. Neste senso, é sabido que o consumo de leite e produtos lácteos favorece unha dieta equilibrada e saudable. Por iso, os luns no colexio as nenas e nenos traen leite, iogures, batidos, queixo... Deste xeito, estamos a seguir o calendario previsto das merendas saudables. #lácteos #merendasaudable #lectivocentro #Curso20182019
7 visualizaciones


Tics
- 19 dic 2018
O noso patio medrou!
Ao longo do primeiro trimestre, as tardes dos mércores tiveron unha gran novidade. Cada semana, un grupo de nenos e nenas deixaron as instalacións do colexio para visitar o Complexo Deportivo A Granxa, onde poideron xogar ao fútbol. As entrenadoras eran alumnas que se presentaron voluntarias de 6º EP e chamaron aos seus equipos "@s futbolísimos" e "@s pichichis" e cada semana tiñan nov@s xogadores: As nenas e nenos de cada curso de Educación Primaria. - Comezaron cada sesión
2 visualizaciones


Tics
- 11 dic 2018
Outra actividade dos rapaces e rapazas do Obradoiro da Mancomunidade de Verín
Unha vez rematadas as actividades deseñadas para o alumnado de Educación Infantil, foron os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria os que tiveron a oportunidade de realizar diferentes actividades dinamizadas polos rapaces e rapazas do Obradoiro da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. Divertíronse bailando, posando no photocall, realizando diferentes xogos populares no patio do colexio. @mancoverin outra vez grazas por visitarnos e facer que os nenos e nena
63 visualizaciones


Tics
- 10 dic 2018
Xogos tradicionais
Os nenos e nenas de 6º EP tiveron a oportunidade de participar no obradoiro de Xogos tradicionais, dinamizados polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo". #XogosPopulares #lectivocentro #Curso20182019
0 visualizaciones


Tics
- 4 dic 2018
Semana da Ciencia en Galego
Novembro é o mes da ciencia en Galego nas bibliotecas escolares e o noso centro adicou esta última semana a esta celebración. Tras un último intenso mes no que incluir o Samaín, o Magosto e as actividades contra a Violencia de Xénero, desde o luns a Biblioteca recibiu ao alumnado durante os recreos e as horas adicadas a cada grupo para o uso da mesma. Alén da inauguración do espazo maker (espazo adicado ás artes plásticas, actividades de lóxica e memoria e un recuncho adicado
76 visualizaciones


Tics
- 3 dic 2018
Danzas populares
A danza e a coordinación de movementos seguindo o ritmo da música e permiten expresar sentimentos e emocións. A danza popular supón unha actividade grupal coa que se fortalecen as relacións humanas e que ao longo dos anos conformou a cultura dos pobos. En Galicia, a música, as cancións e os bailes conforman o noso folklore, polo tanto, é imprescidible que os nenos e nenas o coñezan e que perdure. Por iso, outro ano máis, as nenas e nenos de 6ºEP puideron desfrutar de Danzas P
2 visualizaciones


Tics
- 25 nov 2018
25N
Os nenos e nenas de 4º tamén lle decimos rotundamente: NON Á VIOLENCIA! Quixemos deixalo plasmado nun mural do noso pasillo no que se recollen fórmulas que favorecen a paz e a convivencia entre tod@s. #ViolenciaXénero #Curso20182019
7 visualizaciones


Tics
- 25 nov 2018
O alumnado de 5º B contra a Violencia de Xénero
"Sae da gaiola" é un anuncio creado por un grupo de alumnado de 5º de Educación Primaria do CEIP Princesa de España. A historia parte de varios diarios que dan voz ás historias de vida de diferentes menores que experimentan violencia de xénero nos seus fogares. Sen embargo, tras de cada diario se ofrece unha mensaxe directa coa técnica audiovisual de stop motion onde se anima a saír desa situación. #ViolenciaXénero #Curso20182019
35 visualizaciones


Tics
- 25 nov 2018
25N: Día contra a violencia de xénero
Dende o Proxecta Donas de si quixemos conmemorar o 25N con diferentes actividades para todo o alumnado do centro partindo sempre da canción "La puerta violeta" de Rozalén.
Infantil e 1° ciclo practicaron en LSE o estribillo e pintaron portas violetas en tamaño real.
2° y 3° ciclo debatiron ao redor da letra da canción ademais de signar o estribillo.
Ao longo da semana nos recreos estes dous ciclos fixemos dinámicas para elaborar mensaxes positivas que o venres 23 as nenas
321 visualizaciones


Tics
- 4 nov 2018
Día da Biblioteca
Co gallo da celebración do día das Bibliotecas, adicado este ano 2018 a "Poéticas Diversas na biblioteca escolar", o día 24 de outubro disfrutamos dunha actividade moi especial para todo o colexio. Ubicado ao longo de toda a zona exterior en cadanseu recuncho, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria realizou unha sesión de lectura centrada na obra de diferentes autoras entre as que destacan Rosalía de Castro, Gloria Fuertes, Ana María Fernández ou Pilar Soalan.
62 visualizaciones


Tics
- 24 oct 2018
Investigamos sobre unha dieta saudable
Os nenos e nenas de cuarto estamos moi preocupados pola nosa alimentación. Sabemos que xunto co deporte, o descanso e a hixiene, a alimentación saudable é un factor clave para crecer sans e fortes, e… como non temos moi claro que é iso dunha “alimentación saudable”, fomos ata plaza do pobo a visitar o autobús de GADISA que presentaba unha exposición itinerante a cerca deste tema, da que que tanto adultos coma cativos obtivemos información moi interesante. Así, cando chegamos
2 visualizaciones


Tics
- 20 sept 2018
Que merenda levamos hoxe ao colexio?
Outro ano máis, dende o centro propoñemos o seguinte menú para que aos nenos e nenas lles sexa un momento rico e saudable. Non vos olvidedes da auga, é a mellor bebida para hidratarnos ao longo do día. Esperamos que sexa de axuda e entre tod@s colaboremos en inculcar hábitos de alimentación saudable. #merendasaudable #lectivocentro #Curso20182019
11 visualizaciones