Pupas, sustos e outros desgustos

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto aprendemos onte a actuar ante os sustos e pupas que acostuman a pasar. Divertímonos moito porque fixemos curas, vendaxes, masaxes cardíacos... todo grazas aos enfermeiros e enfermeiras super preparados que viñeron ensinarnos. Foi xenial! Deixamos o enlace á páxina oficial de Pupas, sustos e outros desgustos, coa entrada da visita ao noso colexio. Moitas grazas por unha xornada divertida chea de aprendizaxes!! #PrimeirosAuxilios #3ºA #3ºB #4ºA #4ºB #Curso2019_2020

Reflexionamos sobre a Violencia de Xénero

Durante a semana do 19 ao 24 de novembro, levamos a cabo algunhas actividades de concienciación en contra da violencia de xénero na biblioteca. Nos recreos, os compañeiros e compañeiras de 6ºEP léronlle e axudaron aos cursos de 1º a 5º a entender, asimilar e traballar diferentes lecturas e vídeos sobre esta temática. Ao final, todo o alumnado, realizou un pequeno mural que quedou exposto na biblioteca do centro. Moitas grazas pola participación! #25N #ViolenciaXénero #Contos #Manualidades #Curso2019_2020

Mulleres do pasado, do presente e do futuro

O día 25 de novembro de cada ano celébrase, declarado pola ONU, o “Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller”. Para conmemoralo, no CEIP Princesa de España quixemos dar a ver nunha exposición, xentilmente cedida por FEMURO (Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense), a mulleres que, dun xeito ou outro, sufriron violencia ao longo da súa existencia, ben polas súas ideas ben polas súas actividades. Ademais, realizáronse unhas actividades co alumnado, deseñadas e desenvolvidas por mulleres integrantes de FEMURO da nosa vila: Fixéronse murais, faláronlles dalgunhas das mulleres da exposición, tiveron a ocasión de preguntar sobre as mesmas. Tamén as nenas e nenos explicaron o q

Psicomotricidade en Infantil

A chuvia fixo que o recreo fose no ximnasio. Pero non temos problema: Se chove que chova! As profes fixeron un circuíto para mellorar as nosas condicións físicas: Atención, concentración, psicomotricidade grosa, lateralidade... Un sinfín de carreiras onde o pasamos de marabilla!!! #Psicomotricidade #4ºEI #5ºEI #6ºEI #lectivodentro #PDC #Curso2019_2020

Reutilizamos, reciclamos... somos eco-lóxic@s!

A chuvia deixounos sen saír ao patio. Pero sempre temos alternativas: Uns alumnos/as foron á zona cuberta e outros/as ao ximnasio. Pero como sabedes, as tardes dos mércores son máis longas para o tempo de lecer, polo que hoxe tamén organizamos actividades no comedor co alumnado de 6º EP. Reutilizamos os tapóns –da recollida solidaria– e xogamos ao "Tres en liña". Para o outro xogo "O aforcado" reciclamos folios das aulas de apoio. Aquí podedes ver o ben que o pasamos: Xa sabedes, nunca chove a gusto de todos... Pero hoxe, todos/as xogamos a gusto mentras chovía! #Reciclar #Xogar #lectivodentro #Curso2019_2020 #PDC

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25 de novembro foi unha data sinalada no colexio. Levamos tres anos desenvolvendo o Proxecta "Donas de Si" no centro, tratando de ensalzar o papel da muller na nosa sociedade. Por isto, foi fundamental que tanto o alumnado como o profesorado nos xuntásemos cunha mensaxe clara: NON É NON! No patio do colexio formamos un lazo cheo de corazóns violetas que as nenas e nenos cubriron con mensaxes a favor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. #25N #ViolenciaXénero #EI #1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #Curso2019_2020

Non é non!

As alumnas e alumnos de 6ºEP coa axuda da intérprete de lingua de signos Carolina prepararon un reguetón contra a violencia de xénero que leva por título: "Sólo quiero Bailar", composto por Miguel Ángel Maroto Negrete. Deixando claro que cada unha e un deles "Só quere bailar", dando por resposta un NON rotundo a actitudes machistas. Un paso máis cara a IGUALDADE! #25N #LSE #Canción #Curso2019_2020

TEI

Xa está en marcha outro ano máis o Programa TEI no noso colexio. As nenas e nenos de 3º de Primaria coñeceron ás titoras e titores de 5º. #TEI #Curso2019_2020

Recreos na Granxa

Neste inicio de curso, tanto o alumnado como profesorado, tivemos que adaptarnos ás obras no colexio. Pero todo foi moi doado, como parte das canchas de brilé e zonas comúns estaban valadas polas obras, ao longo da semana os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria xogaron no campo do Complexo Deportivo A Granxa. #5ºEP #6ºEP #Deporte #XogosPopulares #lectivofóra #PDC #Curso2019_2020

A castaña que rebentou de risa

Os nenos e nenas de cinco anos durante este curso iniciarémonos no teatro, e para ir quentando motores dramatizamos un pequeno conto para todo o alumnado de infantil “A Castaña que rebentou de risa”. Logo fixemos un monicreque dunha castaña. Pasámolo xenial! #6ºEI #Teatro #Conto #Magosto #Curso2019_2020

Así son eu?

As nenas e nenos de 1º EP fixemos unha actividade ben chula: Un debuxo colaborativo. A profe repartiu rotuladores de diferentes cores cos que tiñamos que debuxar a cada un dos compañeiros/as. Pero había unha regra: Só poderiamos debuxar durante 10 segundos. Cando a mestra nos avisase tiñamos que rotar o folio para que completase o debuxo outro neno ou nena de clase. Despois falamos de cada un de nós. Das cousas que máis nos gustan dos compañeiros e compañeiras da clase. Xa veredes que bonito foi escoitar todas as cousas fermosas que pensan uns dos outros. #1ºEP #lectivodentro #Gamificar

O valor das palabras

O 29 de novembro celebrouse a terceira sesión de formación do profesorado sobre Educación Responsable. Tivemos a sorte de que as ponentes: Elia e Esperanza propuxeron moitas actividades prácticas. O que nos dou moitas posibilidades para traballar cos nenos e nenas no colexio, como dinámicas grupais, retratos colaborativos, sinalar as fortalezas das persoas, diferentes tipos de respostas para mellorar a conduta. É importante ter en conta que debemos identificar as emocións para comprender os sentimentos, xa que son os que perdurarán co tempo. #PFPP #Emocións #Curso2019_2020

Preparándonos para o magosto

Xa chegou!! O día 11 de novembro era a data elixida para o Día do Magosto. Así que os nenos e nenas de 5 anos fixemos a nosa cesta para recoller as castañas. Mirade que chulas nos quedaron!!! #Magosto #Manualidades #Curso2019_2020

Os mércores xogamos na Granxa!!

Os patios dos mércores son máis longos do habitual, polo que despois do comedor temos máis tempo de ocio e lecer. Tratamos de reforzar positivamente ao alumnado cunha saída onde realizan diferentes actividades nas instalacións deportivas da Granxa. Antes de xogar é preciso quentar para activar os músculos e permite aumentar o ritmo gradualmente que nos permitirá estar preparados para a seguinte actividade: Xogos tradicionais e fútbol. Quecementos Disco Escondite inglés Fútbol Saídas coas que disfrutamos tod@s!! #DinámicasGrupo #somosactivos #XogosPopulares #lectivofóra #PDC #Curso2019_2020

Os nosos osos

Xa sabedes que estamos aprendendo moitas cousas co noso proxecto "O noso corpo". Esta semana tocou aprender os nomes dos osos máis importantes do corpo. #Proxecto #6ºEI #Curso2019_2020

Doces de outono

As nenas e nenos de 3 anos estivemos falando sobre os froitos do outono. Conchos, avelás, améndoas... e axudados pola profe Dolly e a profe Tere, fixemos as nosas boliñas do outono! Necesitamos galletas, leite condensada, avelás, améndoas, cacao en po e trituramos todo. Despois fixemos unhas boliñas e deixámolas enfriar no frigorífico. Na hora da merenda compartimos os doces coas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil. Xa veredes o ben que o pasamos e o ricos que estaban estes doces outonais!!!! #merendasaudable #3anos #4ºEI #Curso2019_2020

Coñecendo o noso corpo

Os nenos e nenas de Educación Infantil están traballando un proxecto común "O noso corpo". Cada aula iniciou o proxecto analizando os coñecementos que teñen sobre a anatomía humana. Seguiron con outras actividades como recoñecer as partes da cara. Para isto utilizamos as súas imaxes. Cada nena e neno decidiu que quería pintar na súa cara: Unhas gafas para ver mellor, pendentes nas orellas, maquillar os ollos, os beizos, as meixelas, pintar bigotes ou barba... Así de orixinais quedaron as fotos! Tamén coñeceron as articulacións. Mirade que posturas puideron facer grazas a elas! E para concluir a semana, fixeron o seu pequeno "EU" con plastilina. Disfrutan aprendendo e experimentan a través d

Celebrando o Samaín

A festa de Samaín que celebramos o mércores, 30 de outubro, foi terroríficamente divertida e desde os máis peques ata os maiores desfrutamos moitísimo. Xuntámonos @s mestr@s e @s nen@s no comedor, así foi como comezou a celebración do Samaín, cunha comida conxunta na que a convivencia de tod@s era o requisito primordial. Aproveitamos para dar os premios ás nenas e nenos que participaron no concurso de manualidades sobre o Samaín. Gañadores do concurso de manualidades Hoxe a mesa dos profes estivo a tope de enerxía Despois, fixemos diferentes obradoiros nas zonas de ocio e lecer do colexio: Obradoiro de lambetadas, maquillaxe, contos terroríficos, xogamos cos amigos e amigas do cole e fixemo

Charla da Cruz Vermella

Onte pola tarde @s alumn@s de 5º de EP tiveron unha charla moi interesante. Viñeron Tania e Nuria a falarnos sobre a violencia de xénero. Entre as cousas que aprendemos están: Qué é a violencia de xénero. Tipos de violencia: física, verbal, psicolóxica ou económica. Tamén nos ensinaron un vídeo sobre unhas tartarugas que nos mostrou dun xeito visual o que habíamos aprendido. Aquí vos deixamos o enlace. #ViolenciaXénero #Curso2019_2020 #DereitosHumanos

Magosto

Co gallo do día do San Martiño, o 11 de novembro celebramos o magosto no colexio. O día estivo bastante completo: - Tivemos a comida no patio do colexio. As cociñeiras do cole repartiron bocadillos vexetais e de chourizo para todo o alumnado. - No postre poidemos degustar os ricos doces que trouxeron moitas nenas e nenos ao colexio. Organizamos un concurso onde premiamos os postres máis original!! Aquí vos deixamos algunhas imaxes. - Despois, tivemos diferentes abradoiros con activades para o alumnado: Xogos co paracaídas, brilé, xogos con globos... - E para concluír a xornada, comemos as deliciosas castañas que asaron os profes Jose Manuel, Carlos e o noso conserxe Michel. Que ricas estaban