Orientacións para actuar con nenos/as con problemas de conduta

- O neno/a debe saber o que se pode e o que non se pode facer, o que está permitido facer e o que non. - E necesario ser moi constante nas regras e na disciplina. - Ten que estar ó tanto das consecuencias que se producirán nel no caso de transgredir as normas. -Procurar que o neno/a non teña nunca proveito algún da súa conduta agresiva. - Convén cumplir sempre tanto os premios como os castigos merecidos. - No trato con el, evitar os enfoques negativos, os desprezos... - Recoñecerlle o neno/a calquera conducta positiva por pequena que sexa. - Atender as sinais que anuncian unha conduta negativa para intentar evitala a base de capatar mooto a súa atención en cousas que o descentren desa situac

O desenvolvemento social

Hoxe, tivo lugar a segunda sesión do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) sobre Educación Responsable (ER). Foi unha tarde chea de dinámicas cooperativas nas que a comunicación e o fortalecemento das calidades positivas englobaron o curso. Os grandes titulares desta sesión foron: A importancia da escoita activa. O valor da linguaxe escrita, da linguaxe verbal e non verbal na comunicación. Oe, escoita e reacciona. #Curso2019_2020 #PFPP #Formación #ER

Os zombies invadiron o noso cole!!!

Non vos preocupados porque os nenos e nenas de terceiro xa terminaron con eles para que o Samaín sexa algo menos terrorífico. Ademáis de aprender mates,pasámolo bomba!!!! #Gamificar #Curso2019_2020 #Samaín

Proxecta Donas de si

Outro ano máis, o noso cole participa no Proxecta “Donas de si”. Este ano comezaremos a nosa andaina cunha pequena enquisa na que nos gustaría que participásedes. Deixámosvos o enlace a continuación, tan só vos pedimos 5 minutos do voso tempo. Moitas grazas. “Nunca esquezas que cando estamos en silencio, somos un. Cando falamos, somos dous”. Indira Gandhi. #Familias #Alumnado #Claustro #ComunidadeEducativa #Enquisa #Proxecta #Curso20192020

O noso Samaín

Durante estes días @s nen@s do cole están a realizar diferentes manualidades para que o cole quede terrorífico, e así celebrar o día do Samaín. Parte I: Parte II: Parte III: #Curso2019_2020 #Samaín #Manualidades

Que números tan grandes!!

Os números ata as centenas de millón ás veces son moi complicados de descifrar, por iso, fixemos unha plantilla reutilizable para poder practicar a numeración e non esquecer o valor posicional dos mesmos. Deste xeito é moi sinxelo! Vos deixamos o pdf para descargar. Animádevos a probar!! #Gamificar #Curso20192020

Lingua de Signos en Educación Infantil

Neste curso 2019/2020, as nenas e nenos de Educación Infantil (EI) van a ter a sorte de achegarse a unha nova lingua, a Lingua de Signos, de man de Carolina, a intérprete do noso centro. No noso cole somos plurilingües!!! Falamos galego, castelán, inglés e, dende hoxe, imos a aprender LSE! A primeira sesión comezou buscando un signo para cada alumna e alumno, despois aprendemos a canción dos esqueletos en LSE!! Vai ser, seguro, unha experiencia enriquecedora e divertida!!! #Curso20192020 #5ºEI #4ºEI #6ºEI #LSE

Preparando o Samaín

Antigamente as nenas e nenos que axudaban na época da recolleita do millo recompensábamos co agasaio dunha cabaza, que decoraban coa axuda das súas familias. Hoxe, as nenas e nenos de 5 anos decoraron o mural do seu corredor e fixeron fotos no photocall da entrada. Mirade que artistas temos no colexio! #Curso20192020 #Samaín #6ºEI

O reciclaxe de pilas

No cole dispoñemos dun punto de reciclaxe para pilas. Así que cando non saibas que facer coas pilas vellas, deposítaas no contedor que che mostramos a continuación: Ademais, deixámosvos un enlace dun vídeo de Ecología Verde para que coñezades a importancia que ten para a nosa natureza que reciclemos as pilas. Ponte as pilas para reciclar!!!! #CienciasNaturais #Curso2019_2020 #Reciclar

Prato monstruoso en 6º B

Ademais de facer o noso prato monstruoso para enfeitizar o cole, @s nen@s de 6º B degustamos todas as froitas coas que o elaboramos. Que boas estaban!!! #Manualidades #merendasaudable #Froita #Curso2019_2020 #6ºB #lectivodentro

Coas mates ando xogando...

Aquí temos exemplos de actividades prácticas para comprender aspectos matemáticos que ás veces se nos atrancan, como son a aproximación de números e o redondeo. Fichas da web aulapt #Gamificar #Curso20192020

Reciclamos!!!

Xa desde o curso pasado instalamos no noso centro unhas pequenas estacións de reciclaxe para os tapóns de plástico. É tan só unha das primeiras iniciativas para este ano. @s nen@s e mestr@s traen de casa os tapóns e tammen recollemos os que empregamos nos envases das merendas, botellas de auga, bolis, pegamentos, etc... Familias!! Animádevos a colaborar!! #Reciclar #Curso20192020

Merenda saudable no Día Mundial da Alimentación

O 16 de outubro celébrase o “Día Mundial da Alimentación”, impulsado pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), co lema “Unha alimentación sa. Para un mundo fame cero”. No CEIP Princesa de España fixemos unha actividade consistente nun almorzo saudable con froitas variadas, que degustou todo o alumnado antes do recreo como merenda de media mañá. Neste almorzo puideron recoller nunha cunca distintos tipos de froita de tempada: Plátano, mazá, kiwi, uva e mandarina. Resultou todo un éxito, sendo capaces de decatarse do boas que están e o ben que sentan, aínda mellor que unha “chuche”. Non podemos de deixar de mencionar a inestimable axuda que obtivemos do pe

Nunca deixaremos de aprender

Hoxe, as mestras e mestres do centro tivemos unha sesión de formación sobre "O desenvolvemento social", dentro do PFPP de Educación Responsable no que se atopa inmerso desde o curso pasado o colexio. "Se queres ensinar, nunca deixes de aprender" por John Cotton Dana. #Formación #PFPP #Curso20192020

Feliz aniversario...

Durante os meses de setembro e outubro celebramos varios cumples: Leila: Noel: Ainoa: #Cumpleanos #6ºEI #Curso2019_2020

Chegou o outono!

As nenas e nenos de 5 anos probamos os froitos de outono. Estaban riquísimos!!! #6ºEI #merendasaudable #Outono #Curso2019_2020

Preciencia en galego

Xa levamos tres experimentos e quedan moitos por facer este curso. Os pequenos están moi motivados! Ao mesmo tempo que nos achegamos ao método científico de investigación tamén traballamos a lectura comprensiva e a expresión escrita en galego. Para o Samaín xa estamos a darlle voltas a un experimento pantasmagórico... Verémolo por aquí moi pronto! #Experimentos #ciencia #4ºB #Curso2019_2020

Cariñograma 6º A

@s alumn@s desta clase traballamos a EMPATÍA a través esta actividade. Cada un recibimos 2 sobres nos que tivemos que rotular o noso nome e tamén engadir decoración. Unha vez feitos, cada nen@ pegamos o sobre nunha cartolina que tiñan por título GRAZAS e PERDÓN, coas solapas cara fóra para introducir as mensaxes. A finalidade é empregar os sobres para agradecer @s compañeir@s ou para pedirlles desculpas. Nas mensaxes deberán figurar o nome da persoa á quen vai dirxida e a firma de quen escribe. Esta proposta serviranos para desenvolver a empatía dado que: Para dar GRAZAS, é preciso darnos conta de que alguén fixo algo por nós, algo que lle puido supoñer un escorzo e de que necesita que se ll

Menú outubro

#MenúComedor #Curso20192020