Cambio de horario

Estimadas familias: Lembrámoslles que mañá, martes 1 de outubro, haberá o cambio de xornada escolar. #Curso20192020 #Horario

Día Europeo do Deporte Escolar

O 27 de setembro celebrouse o Día Europeo do Deporte Escolar coa finalidade de promocionar a práctica deportiva e saudable das nenas e nenos da Unión Europea. Para celebrar ese día realizamos 120 minutos de actividade física. O alumnado de infantil realizou diferentes actividades físicas relacionadas coa psicomotricidade: - Aprendendo a camiñar cos zancos: - Lanzamento do aro: - Bailamos xunt@s! O alumnado de primaria se desprazou por diferentes estacións onde realizaron diversos xogos: - Minibasket: - Xogos musicais: - Atletismo: Carreiras. - Xogos tradicionais: Tira da corda e birlos. - Atletismo: Salto e lanzamento. - Xogos co paracaídas: - Fútbol: #BeActive #somosactivos #Galiciasaudable

Plan de merendas saudables

Tratando de incentivar unha alimentación saudable no noso alumnado, dende o centro propomos o seguinte menú para que os nenos e nenas desfruten dunha merenda rica e sa. Desta forma, procuraremos reducir o consumo da bollería industrial. Evitando estes produtos damos un paso moi importante cara a mellora da súa alimentación. Por isto, xunto co exercicio físico, faremos que os nenos e nenas adquiran unha visión clara da alimentación e vida saudables. Non vos olvidedes de que traian ao colexio unha botella de auga para hidratarse. #merendasaudable #lectivodentro #PDC #Curso2019_2020

Período de adaptación

Son unhas datas moi importantes para as máis pequenas e pequenos do colexio, para as súas familias e para as mestras e mestres que os acompañan. Os nenos e nenas de 3 anos están levando este inicio de curso con moita dose de enerxía. Estamos respectando o seu ritmo e axudándoos a sintonizar con todo aquilo que senten nun lugar novo no que estarán ao longo desta etapa educativa. Se clicades na imaxe poderedes ver o documento sobre o período de adaptación deste curso 2019/2020. #Curso20192020 #3anos

Menú setembro

#MenúComedor #Curso2019_2020

Comezamos!!! Inicio do curso 2019/2020

Despois dunha inmensa obra de rehabilitación do noso centro... O mércores xa estaremos preparados para iniciar un novo curso!!! Durante o mes de setembro, teremos o horario de 9:45h. a 14:30h. Xa estarán en funcionamento os servizos de transporte, Comedor Escolar e Programa Érguete. Feliz volta ao cole! #Curso20192020