top of page

O Día de Rosalía de Castro

O 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, coincidindo coa súa data de nacemento. Rosalía é unha das máis importantes esccritoras galegas. Está considerada unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.

Dende o C.E.I.P. Princesa participamos nunha nova iniciativa, elaborando diferentes actividades para conmemorar esa data.

Aquí tedes a oportunidade de ver algunhas actividades que levamos a cabo no centro durante a semana do 20 ao 24 de Febreiro.

Como queda reflectido, traballouse en numerosas actividades: pescuda de información sobre quen era Rosalía de Castro e porque é importante que coñezamos quen é, lectura de poemas nas aulas, visionado de vídeos sobre a sua casa-museo, elaboración de marcapáxinas, debuxos, murais sobre a autora...

Tamén fixemos varios vídeos que gravamos en aula. Neles podedes ver aos alumnos de 6ºA e 6ºB interpretando o versión de Luz Casal sobre o poema Negra sombra de Rosalia de Castro.

              Vídeo Negra sombra en Lingua de signos (alumnos de 6ºA)

             Vídeo Negra Sombra en Lingua de signos (alumnos de 6ºB)

Os alumnos de 1ºA interpretaron varias estrofas do poema Adeus ríos, adeus fontes.

             Vídeo Adeus ríos, adeus fontes

bottom of page